El auditorio de Vilatuxe ubícase o carón do colexio, en unha parcela de 1.044 metros cadrados, ocupando unha superficie de 400 e con un aforo para 150 persoas.
Asociación de Veciños de Vilatuxe
Asociación Cultural O Toxo
Asociación de Amas de Casa de Vilatuxe
Banda de Música de Vilatuxe
Banda de Música de Vilatuxe
Biografía do director: Jaime González Pichel
Recibiu a súa primeira clase de solfexo da man de Xosé Fernández (o xastre) á idade de 10 anos, incorporándose en breve á Banda de Música de Vilatuxe para tocar o fliscorno baixo a batuta de Xosé Barros Sada.
Con 13 anos comezou os seus estudos no Conservatorios de Música de Lalín na especialidade instrumental de trompeta, e anos máis tarde ampliounos no Conservatorio Superior de Música de Santiago de Compostela.
Como complemento á súa formación recibiu clases de perfeccionamento cos profesores Javier Simó Echarte (trompeta solista da Real Filharmonía de Galicia), Antonio Cambres Rodríguez (trompeta solista da Banda Sinfónica de Madrid) e Juan Lois Diéguez, entre outros; ademais asistiu a máster clases de trompeta, como os cursos de verán da Escola de Música de Silleda e os de Chantada, e de dirección con prestixiosos directores coma Jan Cober ou os encontros con Johan de Meij realizados en Lalín, etc…
Paralelamente ós seus estudos musicais colaborou nas actuacións de agrupacións coma a Banda Sinfónica do Deza, a Banda de Música As Nosas Músicas do Deza, a Banda Municipal Rosalía de Castro de Padrón, a Banda de Música Vila de Cedeira e a Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla, entre outras.
Á marxe das bandas de música formou parte, como vocalista teor, de masas corais, a Coral Polifónica de Lalín, o Orfeón Terra a Nosa de Santiago de Compostela e a Big Band Municipal de Padrón.
Foi director da Banda Xuvenil da Escola de Música de Vilatuxe da que forma parte do claustro de profesores, e dende xaneiro do 2003 asume a dirección da Nova Banda de Vilatuxe na que, debido á variedade interxeracional dos seus compoñentes, inicia un proceso de formación e actualización continua da agrupación por medio de máster clases, a participación en festivais e outras actividades musicais como concertos de música de cámara ou barroca sendo o fundador do Festival de Bandas de Música de Vilatuxe.
Historial da agrupación
A Banda de Música de Vilatuxe data de 1944, coa fundación da banda antiga a cargo de doce mozos que buscaron consello de directores de distintas procedencias, Manuel Anseán, Bernardino da Xesta, Eliseo de Muimenta ou Xaquín Roldán Siles.
En 1951 a banda coñece un período favorable con Enrique García Rey, quen, ademais de ensinar música, compoñía pezas que acadaron certa sona como Vilatuxe, Brisas Galaicas, Rebuldeira ou Rapsodia Galega núm. 1. Xosé Ochoa, Ricardo Jordán, José Bugallo Diz, José Peña ou Contiña son personaxes que tamén ocuparon o posto da dirección nesta primeira etapa da banda de música.
A finais da década dos sesenta a emigración chamou a moitos dos compoñentes, o que fixo que a agrupación minguara a súa actividade pero sen provocar a súa desaparición do panorama musical da Comarca de Deza, chegando a xuntarse con outras bandas de música para os eventos de gran transcendencia, algo común entre as agrupacións daquela para paliar as consecuencias do efecto migratorio.
En 1978 a banda de música inicia un novo camiño co pulo dalgún dos antigos compoñentes incorporando xente nova. Cabe salientar que por primeira vez aparecen mulleres no cadro de persoal e a agrupación pasa a denominarse “Nova Banda de Vilatuxe”. Nesta nova etapa destaca a contribución de José Fernández (o xastre), que aínda continúa en activo, e do director José Barros Sada que estará doce anos ó seu cargo, período no que a banda de música participa en certames en Galicia sendo en 1985 finalista no Certame Nacional de Bandas Populares en Madrid acadando o segundo posto. Nesta etapa incluíuse unha sección de gaitas que lle deron certa popularidade, propiciando frecuentes actuacións en distintos puntos da xeografía galega.
Desde entón participa en festivais como o de Cangas do Morrazo, o de Melide, o de Pontevedra, etc. e actúa para a TVG no programa en directo “Ruada” e anos máis tarde en “Luar”.
En 1990 faise cargo da dirección Ramón Vigo Deza, en 1994 José García Fernández “Pachote”, que continúa ata 1997, momento no que toma a batuta Gregorio Mosteiro Fernández que, xunto con outros compoñentes da actual banda, propician o nacemento en 1998 da Escola de Música de Vilatuxe.
Actualmente a Banda de Música de Vilatuxe diríxea Jaime González Pichel, que é o primeiro director nado en Vilatuxe que ocupa este posto nos sesenta anos de existencia desta, e que inicia un proceso de reforma na agrupación incrementando todas aquelas actividades que enriquezan a formación dos músicos ou promocionen a música de banda realizando intercambios, participando en festivais, concertos didácticos, etc. chegando a ser o fundador do Festival de Bandas de Vilatuxe.
Escola de Música
En 1998 fúndase a Escola de Música de Vilatuxe que acolle a rapaces de todas as parroquias do Concello de Lalín e incluso de concellos limítrofes como Rodeiro ou Silleda. O labor didáctico desenvólveno sete compoñentes, incluído o director que, por unanimidade, deciden non cobrar, dedicando o orzamento da escola a material didáctico, instrumentos e actividades complementarias.
A escola de música conforma a canteira da actual banda de música e serve de ponte para que os alumnos máis avantaxados accedan ó Conservatorio de Lalín en prol dunha formación oficial. Con todo a súa actividade foi máis aló chegando a organizar intercambios coa Escola de Música “Musicalia” de Lalín, coa Escola de Música Municipal de Padrón, concertos de música de cámara e incluso barrocos na igrexa parroquial para o que colaboraron, entre outros, a soprano Ilduara Perianes, o compositor Manuel Arminio Iglesias (Viola de Gamba), Rodrigo Díez Díaz (Viola da Gamba), quintetos de metais da Coruña e de Santiago de Compostela, entre os que cabe resaltar o quinteto Guarner Brass con Juan Lios Diéguez como solista.
Na procura de que os alumnos consigan responsabilidade cara a un público e non adoiten tocar baixo o abrigo de músicos experimentados como ocorre na banda de música, créase en 1999 a primeira Banda Xuvenil de Vilatuxe, que fai a súa presentación o día 25 de decembro na sala Victoria de Vilatuxe.
Banda xuvenil
Froito inescusable da escola de música nace a Banda Xuvenil de Vilatuxe, que fai o seu primeiro concerto de Nadal o 25 de decembro de 1999 cun cadro de persoal de 30 compoñentes, data a partir da cal comeza a colaborar nas actividades culturais da parroquia e todos os anos pola mesma data fai un concerto de Nadal na sala Victoria.
Participa no primeiro festival de primavera para bandas xuvenís que tivo lugar en Lalín xunto coa Banda Xuvenil de Lalín e a Xuvenil de Silleda, fai un intercambio coa Banda de Música Municipal Rosalía de Castro de Padrón e, así mesmo, ofrece concertos en varias romarías populares e concertos didácticos no Colexio Público Vicente Arias de la Maza de Vilatuxe e sempre colabora nas actividades culturais da súa parroquia.
o seu disco “Doce mozos”
El título es un homenaje a los doce niños de Vilatuxe que en el año 1944, fundaron la formación aunque actualmente se denomine Nova Banda de Vilatuxe.
El repertorio del disco:
Emanación gitana. Escenas del amor. O Xastre músico. Aires de Aragón. Olé al fandango. Olas del Danubio. Cortes de la frontera. Vicente Agulló. En el mundo. Santa Comba. Muiñeira de Chantada. Javier.