Historia e Patrimonio

Na actualidade, a parroquia de Vilatuxe (Concello de Lalín, KM 0 de Galicia) componse dos siguientes lugares:
 
Alfonsín, A Balagosa, Barciela, Bustelos, Os Carballiños, Castro de Arriba,Gondoriz Grande, Gondoriz Pequeno, Lodeirón, Moa, O Outeiro , Piñoi,A Saborida, San Lourenzo,  A Torre, A Varela e Vilatuxe.
 
Aínda que a primeira mención do Deza aparece no século VI, o seu nome podería deberse ao Xeneral romano Junio Bruto, quen iniciou a incorporación de Galicia ó Imperio a mediados do século II antes de Cristo; mais tamén se podería deber ó substantivo DECIUS, que significa 'dono de terras'. Á época romana pertence a explotación mineira de Vilatuxe. A partir do século XIV iniciouse unha fase de decadencia, ó seguir as enemistades co Cabildo de Santiago, ata que, coa revolta irmandiña, derrubaron todas as fortalezas do país. A área xeográfica que conforma o municipio de Lalín formou parte da provincia de Santiago até a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Lalín.
 
A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdición do Deza, con señorío do Conde de Lemos e da de Cambra, con señorío do Arcebispo de Santiago. Iniciado o proceso de constitución dos municipios a principios do século XIX chegaron a funcionar moitos neste territorio, entre eles os de Lalín, Bendoiro, Vilatuxe, Catasós, Lodeiro, Vilanova, Barcia, Bermés, Noceda, Cangas e Losón. Xa no proceso definitivo créase o municipio de Lalín, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de 48 parroquias.
 

A Igrexa de San Lourenzo

Igrexa de estilo barroco. Accédese pola estrada PO-200 de Lalín a Vilatuxe. Ó chegar a Alfonsín parte un camiño cara á esquerda que vai directamente á igrexa.
A Urela do Castro
En Vilatuxe atópase un castro coñecido como A Urela do Castro, situado entre o lugar de Castro de Arriba -parroquia de Vilatuxe- e os lugares de Castro de Abaixo e Lodeiro -parroquia de Soutolongo-
Centos de lendas bailan ao redor da historia dos Castros. Son moitos os expertos que toman a palabra castro como sinónimo de fortificación, defensa para os seus habitantes. Non obstante, na súa obra "Os Castros de Lalín", Antonio Presas ofrece unha teoría distinta, posto que baixo o seu punto de vista, as construcións castrexas non se realizaban con finalidade militar. "A proba desto está en que non se atopan armas. Son máis comúns os materiais de cerámica como os que se descubriron no Castriño de Bendoiro durante as excavacións", apunta o xeógrafo.
 
 
 

GALERÍA FOTOGRÁFICA

Os lugares de interese do Vilatuxe.

Entrar