IX FEIRA DOS CARBALLIÑOS

Cartel 2019

Xa temos o cartel oficial da Feira dos Carballiños. O 19 de maio chega á súa novena edición.
O festival de interese etnográfico e cultural está ambientado nos anos 60 e 70, polo que invitamos aos asistentes a vestirse de acordo coas modas da época.
Como nas edicións anteriores, haberá pulpeiro e postos de diversos produtos da terra, así como artesáns. Haberá colectivos ecuestres da rexión e tamén haberá un espazo para coches clásicos.
Non podían faltar as recreacións que os veciños levan ensaiando desde fai semanas, relacionadas co manexo de animais, o Paseo das Mozas ou os Cantos de Cegos. Ao longo do día, actuarán grupos de pandereteiras, gaiteiros e títeres.

Domingo día 12 de Maio de 2019.